jueves, 26 de marzo de 2015

chantada

El nombre de la villa se dice que viene de una leyenda, que cuenta que un día una mujer chantadina iba por el pueblo de Belesar, al sur de la villa, transportando una gran piedra por toda la  ribeira sacra La mujer se cansó y dijo la siguiente expresión en gallego: «Ala, aí vos queda, chantada no chan» que significa en español: «Ala, ahí os queda, clavada en el suelo».

historia
  Se algún edificio de Chantada e comarca gozou de importancia e notoriedade no devir histórico ese foi o mosteiro de San Salvador de Asma. Dende a súa fundación ata o seu declive, que deu comezo aló por finais do século XV, este cenobio exerceu o seu señorío na maior parte dos territorios da comarca chantadina. Gobernou sobre terreos e persoas, dominou bens e concienciou almas polo que baixo ningún concepto se pode poñer baixo sospeita a singularidade e importancia deste mosteiro beneditino. Por todo isto, cómpre darlle a esta edificación un tratamento especial e singular co fin de que o lector se faga unha idea clara da importancia da mesma ó longo da historia.Cando se fundou o mosteiro de San Salvador de Asma? A día de hoxe non se pode aseverar nada con certeza histórica. É habitual o feito de atribuír a fundación deste cenobio dúplice ó afamado conde Ero Ordóñez e a súa dona Adosinda, aló por finais do século IX ou X, pero a día de hoxe tal dato está baixo sospeita tal e como nos mostran diversos estudos realizados por algúns prestixiosos investigadores. Un exemplo dos mesmos témolo e V. Saco quen nas súas indagacións polo Arquivo Histórico Nacional atopouse cun cartafol (o número 708) que aporta algunha luz sobre a fundación de San Salvador de Asma. Esta escritura, na que se recolle unha doazón realizada por unha tal Ermesenda (a cal se cre bisneta de Ero Ordóñez e que era monxa deste cenobio) ó mosteiro no ano 1073, di o seguinte: “Modo facio ego testamentum scripture and ipsum monasterio de plantata quos edificauerunt illos meus abolos comes Ero Ordoniz et coniuge eius Adosinda confesa y ad seruos et ancillas dei ibidem existentes”. Este relato tradúcese do seguinte xeito: “Fago eu agora escrituras de testamento a favor do mesmo mosteiro de Chantada que edificaron aqueles meus avós, o conde Ero Ordóñez e a súa dona Adosinda confesa, e (tamén a favor) dos servos e servas de Deus que alí viven”. Desto pódemos extraer dous aspectos básicos: que o mosteiro foi fundado polo conde Ero e pola súa dona e que tal cenobio era dúplice, isto é, de monxas e monxes. Pero estes datos póñense en contradición cos resultados das investigacións do estudoso Nicanor Rielo quen conclúe que San Salvador de Asma xa existía con anterioridade ó mencionado conde. Tal reflexión aparece referendada por diversos achados arqueolóxicos que sitúan vestixios prerrománicos na actual igrexa. Entón, cómo se pode explicar todo isto?; o máis probable é que don Ero non realizase unha fundación en estrito senso, senón que fixese unha especie de refundación coa que revitalizaría en gran modo a un mosteiro en crise. A día de hoxe, pódese suxerir con bastante certeza o feito de que con anterioridade ó conde xa existía un mosteiro dúplice no que o os monxes terían como titular a San Estevo e as monxas a San Salvador; este dato concordaría co cartafol atopado por V. Saco. Tamén é común a crenza de situar neste solar o controvertido castelo e torre de Chantada; o mesmo tería como derradeiros propietarios ós Condes de Lugo e sería destruído nas invasions normandas
rio miño:
  Fagamos unha viaxe imaxinaria ata o principal río de Galicia para coñecer de preto estas interesantes embarcacións. Polo xeral, non posúen quilla e caracterízanse por ter un fondo chan; a súa forma é rectangular e tanto a proa como a popa responden á mesma disposición. A configuración destas barcas está condicionada na súa totalidade pola orografía da Ribeira Sacra xa que este era o lugar onde desenvolvían a súa actividade. Estamos diante de naves monocasco aínda que tal afirmación cómpre engadir unha excepción, os barcos de dornas, embarcacións de dobre casco presentan dous flotadores. As barcas do Miño eran propulsadas a remo ou vara e o material co que os carpinteiros se valían para facelas era a madeira polo sistema de táboas a tope. Na súa construción primaba a facilidade de manexo e de elaboración polo que eran basicamente funcionais; exemplo do dito témolo no dato anteriormente reflectido de que non posúen quilla, aspecto que facilita en gran medida a carga e descarga dos produtos que transportaban.
O marco xeográfico destas embarcacións cinguíase ó tramo medio do río Miño e mostraban diversas tipoloxías dependendo de onde fosen construídas. Para poder ollar con claridade o exposto citarei tres tipos de barcas en concreto:

 Posuían unha dianteira curva con dúas cavernas ou “vincos” transversais a excepción dun madeiro lonxitudinal. Esta tipoloxía pódese estender ou remontar ata o nacemento do Miño e algúns exemplos das mesmas atópanse na actualidade na terra Cha. Tamén se lle soe denominar batuxo.
 Nestas barcas o costelar está formado por tres ou catro “domos” lonxitudinais, algo curvados nos extremos, a xeito rectangular na que non se aprecia distincións entre proa e popa. Non era estraño o feito de que este tipo de embarcación levase unha especie de plataforma superior, “pousa”, para poder aumenta-lo tamaño da carga. No concello de Ferreira de Pantón, limítrofe co de Chantada, existían barcas moi similares ás do noso municipio que se mantiveron en activo ata os anos oitenta do século pasado.
 Outra tipoloxía de barca do río Miño desaparecida na segunda metade do s. XX é o barco de dornas e que xa foi estudado por Xaquín Lorenzo na súa época, actualmente recuperado grazas a reconstrución realizada pola  fundación xose soto de fión, este barco consta de dous cascos, flotadores construídos a partires de troncos de madeira escavados que reciben o nome de dornos ou dornas, sobre os que asenta unha plataforma construía con táboas. No seu momento estendeuse dende Belesar ata A Guarda.
 que ver:
- aldea de belesar:  Pequeña aldea situada a orillas del río Miño, con construcciones de mampostería de granito y pizarra y que está atravesado por una calzada romana, conocida como "Codos de Belesar".
- sangoñedo:  Área de recreo situada en el margen del río Asma, con playa fluvial y acondicionada para recreo.
- canon do sil:  La erosión fluvial del Sil ha labrado sin pausa la profunda grieta que lo conduce hasta desembocar en la izquierda delMiño. En sus paredes imposibles buscaron refugio monjes y eremitas que con la misma paciencia secular las poblaron de monasterios. Hasta una docena de cenobios, románicos y benedictinos la mayoría, que le dieron el nombre ya documentado desde la Edad Media de Rivoyra Sacrata.
Aunque se trate de uno de los mejores espacios naturales definidos por los dos grandes ríos, nadie sabe dónde comienza y acaba exactamente la Ribeira Sacra. Puede que sus límites verdaderos vengan dados por la presencia de las vides en las laderas de solana. De aquí salían los vinos de Amandi que alcanzaron fama de exquisitos ya en tiempos del Imperio romano, y hoy cuentan con una Denominación de Origen que los ampara.

Los monasterios fueron exclaustrados y las aguas remansadas en sucesivos embalses, pero la fuerza del paisaje sigue latiendo en cada cosecha de sus frutos. Admira la difícil vendimia en las fuertes pendientes sólo cultivables en bancales, en la mejor muestra de paisaje humanizado sin prisa.

La naturaleza más agreste encuentra su sitio en los afloramientos graníticos revestidos de matorrales y bosques de castaños y robles. Las peculiares condiciones climáticas de las zonas más resguardadas favorecen la presencia de especies mediterráneas como los alcornoques y los madroños. El conjunto de rocas altas de las gargantas se han citado en ocasiones como uno de los últimos refugios de las aves rapaces más amenazadas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario