viernes, 18 de noviembre de 2016

Habrás de ir a la Guerra

O inicio dun proceso de reconstrución da historia da súa familia e de España, o inicio do encontro coa figura fascinante do seu tío bisavó Giordano Lareo: encarcerado durante a Guerra Civil, exiliado tras escapar ‘in extremis’ da execución e tamén profesor, tradutor, tesoureiro da República no exilio, representante de Nestlé na Patagonia, inventor dun sofá-cama e autor do primeiro manual de papiroflexia de Arxentina. Nesta peza, que é ao mesmo tempo un encontro e un baile final, darase vida a Giordano Lareo. Arxentina, a terra do exilio, será o lugar onde prepararnos para a guerra, onde pór a salvo as ideas, onde educar a mirada para unha paisaxe infinita que nos acompañará até o final.

Pablo Fidalgo Lareo, dirección e texto
Cláudio da Silva, interpretación
José Álvaro Correia, deseño de luz
Coolgate (Aka João Galante), espazo sonoro
Amalia Area, apoio artístico e de produción
Nuno Figueira, técnico
Carla Nobre Sousa (Materiais Diversos), produción e difusión
Música: ‘Corrandes D’exili ‘ de Lluis Llach, ‘Alfonsina y El Mar’ de Ane Brun, ‘Mulemba Xangola’ de Bonga, Marisa Monte, Carlinhos Brown
Ásia Rosa, piano
Unha coprodución de Teatro Municipal Maria Matos (Lisboa), Festival Tnt (Terrassa), Festival Bad (Bilbao), Festival de Otoño a Primavera (Madrid)

No hay comentarios:

Publicar un comentario