sábado, 5 de noviembre de 2016

Beade

A Orde conventual de San Xoán de Xerusalén, nacida na Idade Media, exerceu, a través dunha das súas encomendas, un dominio señorial sobre a antiga feligresía de Beade, que comprendía Abelenda, Beiro, Farmontaos, Muimenta, Orega, Regadas, Valde e Berán.

No século XVIII a Encomenda de Beade, que chegou a pertencer o Priorato de Castela era, xunto coa de Quiroga (Lugo), a máis importante de Galicia. A súa influencia foi en aumento o absorber, nese mesmo século, a Encomenda de Pazos de Arenteiro que fora dos Templarios. Desta manera incorporou as súas posesións, ademais de aquela localidade, Albarellos, Cusanca, Dadín, Parada de Labiote, Reádegos e Astureses.

Durante a guerra da Independencia, Beade foi saqueada polos franceses (1809), e máis tarde, en 1823, farían o mesmo os voluntarios realistas contrarios ós liberais desta zona. Posteriormente, en xullo de 1836, tropas carlistas, ás ordes de Guillade e Pobadura, atacaron a parroquia de Beade, que con axuda dos vecinos de Regadas e Cenlle conseguen repeler a agresión.
Ainda que a altitude media do conxunto do municipio non supera os 160 metros sobre o nivel do mar, o relevo de Beade non é homoxéneo.

Así, na metade occidental o terreo é relativamente montañoso, con pequenas elevacións redondeadas non superiores ós 308 metros de altitude, que se fan visibles sobre todo na parroquia de Regadas.


Sen embargo, a metade oriental, sobre a que se extende a parroquia de Beade, presenta una topografía menos accidentada, que se aplana a medida que nos adentramos nas terras de val drenadas polo río Avia, que bordea o municipio polo este. Este río, xunto co arroio de Signadas, que flue o interior e marca o límite con Carballeda de Avia, regan o termo municipal. O clima presenta as mesmas características de calor e sequedade relativa que o resto do val.
Destaca en canto á edificación relixiosa no Concello de Beade a igrexa parroquial de Santa María de Beade, que conforma o edificio relixioso de maior importancia de todo o Ribeiro, xa que contén restos arquitectónicos que van dende o románico ata a nosa época. Sobresae tamén neste templo a súa alta torre con dobre balconada e a súa fachada-retablo. No seu interior hai importantes retablos de Francisco Moure. Porén, o máis sobresaliente do conxunto é o seu viacrucis, que comeza no adro da igrexa e remata na inmediata capela de San Roque. A rectoral é de estilo gótico - plateresco.

En canto á edificación civil cabe destacar distintas casas ou pazos que se conservan no concello. Destacan o de Lamigueiro, que ten unha grande pedra de armas; o de Pateira, rodeado de muralla cun gran portalón e unha torre, e o da familia Ojea, situado no lugar de Oliveira, que se caracteriza por ter unha monumental cheminea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario