domingo, 22 de diciembre de 2013

Laracha

O termo municipal da Laracha atópase na parte oriental da bisbarra de Bergantiños, estendéndose de norte a sur desde a península de Caión ata as terras altas de Soandres e Montemaior, no rebordo da meseta de Ordes.

Ten unha posición limítrofe coa comarca da Coruña. Linda ao oeste co termo municipal de Carballo, sinalando a súa demarcación oriental cos municipios de Arteixo e Culleredo. Polo sur, linda con Cerceda e, polo norte, ten unha marabillosa saída ao mar na península de Caión.

Forma, cos concellos de Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe, Malpica e Ponteceso, a comarca de Bergantiños.

A Laracha é un municipio privilexiado en canto a vías de comunicación na bisbarra debido a que a autoestrada AG-55 ten dúas entradas-saídas no concello: unha en Paiosaco e outra no Cancelo (Cabovilaño), a dous quilómetros da capital municipal. A estrada C-552 da Coruña-Fisterra atravesa o municipio desde Paiosaco (Lestón) ata Proame (Lemaio), pasando por Torás e Cabovilaño.

A vía férrea A Coruña-Madrid atravesa un extremo do concello. A estación máis próxima atopámola en Meirama (Cerceda), a un quilómetro do límite de noso municipio.

A liña do AVE A Coruña-Santiago pasa pola parroquia de Soandres, lugar por onde tamén transcorre a estrada AC-400 que, ademais, serve de nexo de unión coa A-6, principal vía de acceso a Galicia.

A proximidade dos aeroportos de Alvedro (A Coruña, a 24 quilómetros) e Lavacolla (Santiago, a 45 quilómetros) fan que este transporte poida ser utilizado sen grandes desprazamentos.
Terra e mar danse a man no Concello da Laracha. Temos a sorte de contar cunha excepcional riqueza natural, tanto costeira como de interior, que durante os últimos anos logramos potenciar desenvolvendo programas e actuacións sempre desde o total respecto ao medio ambiente.







Sirvan como exemplo o paseo marítimo de Caión, as áreas recreativas de Gabenlle e de Santa Marta e os paseos fluviais dos ríos Anllóns e Vilán.

Puxemos en valor a nosa fauna e flora coa elaboración do inventario e estudo técnico da Rede Natura 2000, así como o río Anllóns coa creación dun couto de pesca e, especialmente, da ruta dos muíños, un paseo a pé polo que o camiñante se irá atopando con esas emblemáticas construcións restauradas, que tan importantes foron na historia recente da Laracha.

As ampliación das redes de abastecemento, saneamento e depuración de auga son prioritarias na política municipal. Estamos conseguindo levar estes servizos a cada vez máis núcleos de poboación rural tras dar cobertura integral aos tres cascos urbanos.

O respecto mediambiental tamén require da esencial colaboración e responsabilidade da veciñanza da Laracha e dos visitantes tanto á hora de coidar os nosos entornos naturais como do tratamento dos residuos.

Neste sentido, a correcta utilización dos colectores e o uso do punto limpo son cuestións fundamentais nas que todos podemos e debemos aportar o noso gran e area. Neste apartado poderás resolver as dúbidas que poidas ter sobre esa cuestión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario