martes, 17 de septiembre de 2013

Mornings

Blanca Cendán e Suso Alonso métense na pel dos MORNINGS, uns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar… A Zona C acolle a estrea absoluta deste guateque global ao que nos convidan a asistir coas nosas mellores galas dos anos 60

Blanca Cendán e Suso Alonso métense na pel dos MORNINGS, uns personaxes atípicos que viven, senten e interactúan co público dunha maneira peculiar…
‘Mornings’ é un espectáculo de teatro musical onde os protagonistas, os MORNINGS, navegan nun contexto atemporal pero, inspirado na estética e na música dos anos 60 rescatando temas e versioneando a Rita Pavone, The Turtles, Mina e Adriano Celentano, Nancy Sinatra e Sandy Shaw, entre outros.
Os personaxes sitúanse nesta época co afán de recuperar a inocencia perdida, a ilusión daqueles anos que espertaban dun momento histórico tráxico e que significaban unha apertura de ideas e de liberación na moral que foi transmitida na arte, na moda e na música. Foi o momento da aparición dos primeiros aparellos de T.V. nos pobos, das VESPAS, da perrita Marilyn de Herta Frankel, do primeiro festival de Eurovisión, da apertura ao turismo na costa e doutras “vicisitudes”… que enchían de influenzas inglesas, francesas e italianas, a cultura do momento.
Un espectáculo interactivo, no que o público forma parte da escena.
que tengan mucha suerte. Harán un revival de los 60 con dósis de humor y buen rollo, y es un espectaculo más musical que otra cosa, con algún gancho entre el público. Haber si el alcalde de Ames se estira algo y nos regala alguna obra de teatro.... y no del aficionado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario