domingo, 19 de mayo de 2013

brión

Tiene 74,9 km² y una población de 7.104 habitantes  distribuidos en 106 aldeas, repartidas en 9 parroquias. Su capital es Pedrouzos (Brión), donde se encuentran algunos de sus principales servicios en materia de cultura, educación, sanidad y seguridad.
Su relieve es ondulado con una altura mínima de 30 m sobre el nivel del mar y una máxima de 525.
las parroquias:

  • Os Ánxeles (Santa María)
  • Bastavales (San Xulián)
  • Boullón (San Miguel)
  • Brión (San Fins)
  • Cornanda (Santa María)
  • Luaña (San Xulián)
  • Ons (Santa María)
  • San Salvador de Bastavales (San Salvador)
  • Viceso (Santa María)
  •  
    O territorio de Brión foi ben pisado de vez polas culturas máis antigas, e delo quedaron abundantes restos: da cultura megalítica, o campo de mámoas de Raña Longa; dos celtas, ademais do xacemento arqueolóxico de Santa Cecía, os castros Lupario, de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons; dos romanos, o hipocaustum de Cirro e a calzada romana "per loca marítima", que atravesaba Luaña, Viceso e Ons ata pasa-lo río Tambre cara Grandomirum (Brandomil) pola ponte Pías, relacionada coa lenda xacobea da traslación do corpo do Apóstolo.
    Toda a idade media de Brión e ben entrada a moderna estiveron marcadas pola poderosa familia dos Moscoso .

    Desde a fortaleza de Altamira (na parroquia de San Fins de Brión), dominaron boa parte da Galicia norte, desde Ribadeo a Corcubión. Rui Sánchez de Moscoso, logo da batalla de Altamira en 1471, na que desbaratou o asedio das tropas do arcebispo Alonso II de Fonseca, deuse o título de I Conde de Altamira. Co progresivo traslado da nobreza galega á Corte por mor da política centralista desde os Reis Católicos, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada ata o seu abandono total no século XIX. Hoxe quedan os seus nobles restos nunha impresionante atalaia que domina todo o val da Amaía.

    Tódolos datos sobre o pasado de Brión pódeos encontra-lo lector no libro publicado polo concello Brión, historia, economía, cultura e arte , do que é autor Clodio González Pérez. (Ed. Toxosoutos. 1998).

    ARQUITECTURA RELIXOSA

    Na grandiosidade dos templos parroquiais de Brión, que alguén cualificou como "as catedrais da Amaía", mostrou o barroco galego todo o seu esplendor: a parroquial de San Xulián de Bastavales, de resoancias rosaliáns, coa capela do Carme ó pé e o adro ben murado, ofrecendo un magnífico miradoiro sobre o val; a dos Anxeles, que antes se denominaba de Santa María de Pérros; a de San Fins de Brión, cun requintado retablo; Santa María de Viceso, de ben proporcionada fachada do barroco tardío; as neoclásicas de Santa María de Ons e San Xulián de Luaña, ésta conservando a primitiva cabeceira románica con xeitosas pinturas medievais e aquela cun retablo pétreo presidido por unha fermosa Virxe da Asunción, tamén de pedra traída da beira do Tambre; San Salvador de Bastavales, San Miguel de Boullón e Santa María de Cornanda.
    O Santuario de Santa Minia, construído no século XIX para honra-los restos da Santa traídos desde Cádiz por un devoto emigrante, ten trazas de gran basílica e está a medio acabar. O santuario, coa carballeira centenaria, a Casa do Concello e a da Cultura, forman un espacio dos máis evocadores.
    No Tremo, ó pé da estrada Santiago-Noia, a capela de Nosa Señora de Guadalupe, veciña do Balneario, coa mesta arboreda do campo da feira.
    ARQUITECTURA CIVIL

    A parte das torres de Altamira, Brión conserva unha manchea de casas brasonadas e pazos señoriais, de entre os que sobresaen:
    O pazo de Barbeira, en Trasouteiro, que fora dos condes de Altamira e ten unha magnífica fonte barroca.
    O de Armesto, en Salaño Pequeno-Ons, coa súa capela, todo recentemente restaurado.
    O do Armental, nos Anxeles, tamén ben conservado.
    O do Casal, en proceso de reconstrucción, coa capela de San Xosé adosada.
    A casa de Pardo, en Ons, na que campea o magnífico escudo de armas..
    ARQUITECTURA POPULAR

    Fontes artísticas, como a de Santa Minia ou a do Tremo coroada co busto do filántropo local Vicente Ramos, obra do escultor Francisco Asorei; a da igrexa de Bastavales, pagada polos habaneros da parroquia; humildes fontes públicas das aldeas como a de Santo Antonio do Alqueidón. Antigos pombais das casas rectorais e petrucios aldeáns, evocadores muíños dos regueiros; pontes e pontellas, como a romana ou medieval do río Tinto, en Bastavales; hórreos -cada casa o seu- do tipo "maián", sobre cepas con doelaxe de madeira, de un ou varios claros segundo a labranza de cada propietario, todos de canterías ben traballadas e harmoniosas formas...
    Antigos casais das aldeas na caída dos montes, a medio camiño entre o mato e as terras de labor ou nos fondais dos valiños, humanizando a paisaxe, cos seus emparrados sobre os camiños ou asomando ós quinteiros. Nobres muros de antigos canteiros, ben deseñados, e conservados mercede ó esforzo de ordenación urbanística do concello e á sensibilidade dos seus habitantes.
    A arquitectura popular da Amaía ten ser fidalgo entre a arquitectura rural de Galicia.
    CRUCEIROS

    A piedade popular deixou máis de sesenta cruceiros espallados pola xeografía brionesa en adros de igrexas, encrucilladas, quinteiros das aldeas e beiras de camiños reais. Deles, destacan:
    Dous de capela ou loreto, respectivamente, en Pousada (Viceso) -datado en 1637 e probablemente o máis antigo dos existentes- e en Vioxo de Abaixo (Luaña);
    O de Bemil, preto da igrexa de Bastavales, coas primeiras mazarocas de millo da anada penduradas como exvoto;
    Os de Mourentáns (Viceso) e adro da igrexa de Luaña; o da igrexa de Ons, sempre con flores frescas

No hay comentarios:

Publicar un comentario